SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 DA MEDIDA LEADER DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020. PRAZO: 31-03-2018

Data: 

xoves, 28 Decembro, 2017 (Todo o día) a sábado, 31 Marzo, 2018 (Todo o día)

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 

Resolución do 12 de decembro de 2017 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. BDNS (Identif.): 376488.

Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2018 e 2019, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural).

Beneficiarias

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Bases reguladoras

Resolución do director xeral da Agader, do 29 de decembro de 2016, pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección da Agader do 29 de decembro de 2016, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Contía

A contía global da convocatoria é de 7.630.000,00 € para a anualidade 2018 e 9.908.970,00 € para a anualidade 2019. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader e o seu importe está distribuído entre os grupos de desenvolvemento rural seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.

Concorrerán a unha primeira convocatoria as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018. Unha vez tidas en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018 e unicamente no caso de existir crédito orzamentario dispoñible, poderá realizarse unha segunda convocatoria, tendo en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2018.

Descargas: