SUBVENCIÓNS PARA A DIXITALIZACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA COA FINALIDADE DE PRESERVACIÓN E DIFUSIÓN A TRAVÉS DE GALICIANA-PATRIMONIO DIXITAL DE GALICIA. PRAZO: 18-08-2018

Data: 

xoves, 19 Xullo, 2018 (Todo o día) a sábado, 18 Agosto, 2018 (Todo o día)

 

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. BDNS (identif.): 407754.

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. As subvencións tramitadas ao abeiro das bases reguladoras están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

2. O ámbito de aplicación das subvencións tramitadas ao abeiro das bases reguladoras enmárcase na liña de actuación 57 – Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, do obxectivo específico 02.03.01 – Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saude, recollido na prioridade de investimento 02.03 - Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica, do obxectivo temático 02 - Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, actuación 2.3.1.7 - Axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo – Dixitalización do patrimonio cultural.

Persoas beneficiarias

Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias as entidades e organizacións, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, en concreto:

a) Os órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As entidades locais de Galicia (incluíndo as agrupacións e asociacións de concellos, consorcios e mancomunidades) e entidades delas dependentes.

c) As universidades públicas galegas e o Consello Galego de Universidades.

d) As entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio cultural de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.

e) As reais academias, e as academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.

Contía da axuda

1. A intensidade da axuda será do 100 % do custo elixible do proxecto.

2. Os proxectos terán un orzamento total de investimentos subvencionables non inferior a 10.000 euros nin superior a 90.000 euros.

3. En todo caso, a contía máxima da subvención que se concede por persoa beneficiaria será de 90.000 euros.

Xustificación da execución

1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo antes do 30 de xullo de 2019.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse nos tres (3) meses seguintes á terminación do prazo de realización da actividade e, en todo caso, antes do 31 de outubro de 2019.

3. A execución dos investimentos por un solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que a persoa solicitante non resulte beneficiaria.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que publique a presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: