SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN LABORAL NO EXERCICIO 2018. PRAZO: 08-03-2018

Data: 

venres, 9 Febreiro, 2018 (Todo o día) a xoves, 8 Marzo, 2018 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018. BDNS (Identif.): 384247.

Obxecto

Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articuladas en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (código do procedemento TR331A).

Entidades beneficiarias

a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2017 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través dun convenio de colaboración.

b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores con experiencia na realización de accións de información e orientación laboral.

c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras, sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación e consten como tales na relación de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia, así como aquelas entidades que, non tendo esa consideración como centro especial de orientación, teñan por obxecto a atención a un colectivo cuantificable e significativo de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, e xustifiquen a existencia do dito colectivo.

Importe

Para a concesión destas axudas destínanse 2.600.000 euros a entidades locais e 4.350.000 euros a entidades sen ánimo de lucro, o que supón un total de 6.950.000 euros.

Contía:

25.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses.

28.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, no caso das entidades sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades fundacionais e se dediquen prioritaria e habitualmente á realización de actividades de atención a discapacitados.

Prazo 

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Descargas: