SUBVENCIÓNS PARA A ADXUDICACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE EMERXENCIAS A CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES, MANCOMUNIDADES OU AGRUPACIÓNS DE CONCELLOS. PRAZO: 15-06-2020

Data: 

sábado, 16 Maio, 2020 (Todo o día) a luns, 15 Xuño, 2020 (Todo o día)

 

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR450A). BDNS (identif.): 505068.

Obxecto

Establecemento das bases reguladoras e da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con agrupaciones de voluntarios de protección civil inscritas no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que tivese presentada oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel, neste caso, a concesión da subvención quedará condicionada á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición débese cumprir, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2017, no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non teñan recibido axudas por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou de organismos e entidades adscritas a esta para o mesmo equipamento, nos últimos cinco anos, incluído o 2019, de acordo co establecido no artigo 4.

d) As mancomunidades ou agrupacións de concellos, no caso de prestar de xeito mancomunado o servizo de protección civil e emerxencia, terán que presentar a súa solicitude de forma conxunta e mancomunada, que será incompatible coa solicitude individual dos concellos que compoñan a entidade.

Importe

A actuación que se vai desenvolver ten natureza de subvención en especie e o equipamento para ceder distribuirase nas seguintes liñas de axuda:

Liña 1. 8 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Liña 2. 12 remolques para a atención ás emerxencias.

Liña 3. 37 tendas de campaña para emerxencias.

Liña 4. 4 UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b.

Liña 5. 12 coitelas para retirada de neve.

Liña 6. 12 esparexedores de sal.

Liña 7. 4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: