SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS DE XESTIÓN PÚBLICA E/OU PRIVADA CO OBXECTO DA OBTENCIÓN E/OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA DO INSTITUTO PARA A CALIDADE TURÍSTICA ESPAÑOLA (ICTE). PRAZO: 02-04-2020

Data: 

martes, 3 Marzo, 2020 (Todo o día) a xoves, 2 Abril, 2020 (Todo o día)

 

Axencia Turismo de Galicia 

Resolución do 11 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU970A). BDNS (Identif.): 497154.

Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do ICTE, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU970A).

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións:

Categoría 1ª: os concellos.

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

En ambas as dúas categorías as persoas ou entidades beneficiarias deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Importe

As subvencións relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 130.000,00 €, dos cales 40.000,00 € corresponderán á categoría 1ª (concellos), con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.760.0, proxecto 2015 00006, e 90.000,00 € corresponderá á categoría 2ª (entidades privadas), con cargo á aplicación 11.A2.761A.770.0, proxecto 2015 00005, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, nos termos establecidos nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Descargas: