SUBVENCIÓNS A ENTIDADES LOCAIS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS. PRAZO: 19-02-2018

Data: 

sábado, 20 Xaneiro, 2018 (Todo o día) a luns, 19 Febreiro, 2018 (Todo o día)

 

Axencia Turismo de Galicia 

Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018. BDNS (Identif.): 381151.

Obxecto

Fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Son subvencionables:

a) Actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos da entidade solicitante, que poderán incluír:

– Recuperación e tratamento paisaxístico da contorna dos recursos turísticos.

– Iluminación ornamental dos recursos turísticos, xa sexa primeira instalación ou mellora, ampliación ou substitución da existente. Non será subvencionable a iluminación urbana da entidade local.

– Recuperación de miradoiros paisaxísticos, carreiros, rutas.

– Adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes, nos que á súa finalidade sexa reducir o impacto negativo que estes producen.

b) Actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado, así como as que afecten a súa contorna de protección que poderán consistir en:

– Embelecemento de vías.

– Soterramento de colectores de residuos.

– Eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións.

c) Actuacións de posta en valor turístico dos recursos que poderán incluír as seguintes:

– Rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas.

– Recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.

d) Actuacións de mellora da accesibilidade dos recursos turísticos:

– Eliminación de barreiras arquitectónicas no acceso aos bens, recursos e rutas turísticas.

– Facilitar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade sensorial á información turística dos recursos, mediante a adaptación das páxinas web, sinalización en linguaxe braille ou calquera outra de análoga natureza.

e) Sinalización dos recursos turísticos.

Persoas beneficiarias

As entidades locais que desenvolvan actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, que se relacionan:

a) Concellos.

b) Mancomunidades e consorcios locais de Galicia constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Estas entidades supramunicipais deberán ter atribuídas competencias en materia de turismo.

c) Agrupacións de municipios, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán participar nesta convocatoria as setes grandes cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, e as entidades locais de carácter supramunicipal nas que estean integradas.

Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

Importe

Contía de 2.500.000 € á aplicación orzamentaria 04 A2 761 A 760.0, proxecto 2016 00002, financiada con fondos propios da comunidade autónoma.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Descargas: