SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA CULTURA NO CAMIÑO PARA O ANO 2020. PRAZO: 30-03-2020.

Data: 

sábado, 29 Febreiro, 2020 (Todo o día) a luns, 30 Marzo, 2020 (Todo o día)

 

Axencia Galega das Industrias Culturais  

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa Cultura no Camiño e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT301A). BDNS (Identif.): 497098.

Finalidade

Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular, de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos das rutas xacobeas que descorren por Galicia, sendo subvencionables unha parte das súas contratacións que se integrarán nas programacións do programa Cultura no Camiño 2020 e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 1 de maio ao 30 de setembro de 2020.

As programacións incluídas nesta convocatoria deberán incluír, como mínimo, dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia que deberán ter un orzamento superior a 5.000 euros nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.750 euros nos concellos de máis de 20.000 habitantes.

Entidades beneficiarias 

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos galegos polos que discorran os Camiños de Santiago recoñecidos pola Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural e delimitados polo correspondente decreto, así como aqueles nos que se ditou acordo de inicio para a súa tramitación.

Procedemento, créditos, contías e límites

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva de xeito abreviado e polo esgotamento do crédito de conformidade co previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O financiamento destas axudas nesta convocatoria realizarase, en todo caso, en función das dispoñibilidades orzamentarias, destinándose un crédito global de 230.000 euros da aplicación orzamentaria 11.A1.432B.760.0 do código de proxecto 2015-00003.

3. Concederase unha dotación económica para a contratación das programacións de artes escénicas en musicais nos concellos galegos polos que discorren as rutas xacobeas que suporá, como máximo:

– 3.500 euros en concello de máis de 20.000 habitantes.

– 2.500 euros en concello de menos de 20.000 habitantes.

Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que de maneira indubidable, respondan aos cachés das compañías/grupos que configuran as programacións culturais incluídas neste programa, Cultura no Camiño 2020.

2. O gasto considerarase realizado, con carácter xeral, cando se contabilice o recoñecemento da obriga por parte do órgano competente da entidade local, con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado nestas bases.

As entidades locais beneficiarias deberán acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data de ingreso na conta bancaria da entidade local beneficiaria do aboamento da subvención, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 outubro, pola que se regula as especialidades de subvencións ás entidades locais galegas.

4. Non serán gastos subvencionables:

– Os gastos derivados de calquera tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non recuperable.

– Os gastos de xuros debedores en contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais, e os gastos dos procedementos xudiciais.

5. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos será resolta pola Axencia Galega das Industrias Culturais por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes será de un mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: