SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO REFORZO E EXTENSIÓN DAS REDES DE DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA QUE DAN SERVIZO AOS PARQUES EMPRESARIAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PRAZO: 21-05-2020

Data: 

mércores, 22 Xaneiro, 2020 (Todo o día) a xoves, 21 Maio, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519D). BDNS (Identif.): 492136.

Obxecto

Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actuacións e gastos subvencionables

1. Son actuacións subvencionables o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que da servizo a un parque empresarial existente ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Son gastos subvencionables os establecidos no pliego de condicións técnicas e no orzamento emitidos pola empresa distribuidora para o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que da servizo a un parque empresarial existente ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os ditos gastos deban ser asumidos polos solicitantes, conforme ao establecido no artigo 25.3 do Real Decreto 1048/2013, de 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.

3. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de xustificación do investimento.

4. Non se valorarán a efectos de investimento, os gastos que se realicen en pago de taxas, de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, ni os impostos persoais sobre a renda.

5. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

6. Tamén é subvencionable o gasto do cartel informativo ao que se refire o artigo 19.8 da presente orde.

7. Para ser subvencionables, as actuacións deberán estar en condicións de ser utilizadas unha vez finalizado o prazo de xustificación.

8. De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

9. Ademais, consideraranse gastos realizados, de acordo co disposto no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Contía

Anualidade 2020: 1.400.000,00 €.

Anualidade 2021: 3.000.000,00 €.

Importe total da convocatoria: 4.400.000,00 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 1.000.000,00 € por solicitude.

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: