SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE PLANS DE FORMACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA O ANO 2019. PRAZO: 12-04-2019

Data: 

mércores, 13 Marzo, 2019 (Todo o día) a venres, 12 Abril, 2019 (Todo o día)

 

Escola Galega de Administración Pública

Resolución do 26 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2019, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas. BDNS (Identif.): 443028.

Obxecto

A concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación para o emprego promovidos polas entidades locais de Galicia no marco do Afedap (código de procedemento administrativo PR780A).

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios da liña en réxime de concorrencia competitiva das subvencións convocadas os concellos, as deputacións provinciais e demais entidades locais recoñecidas no artigo 2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, que promovan plans de formación para o persoal empregado público, de carácter unitario ou agrupado, dentro do ámbito do Afedap.

De conformidade co establecido no artigo 6, segundo parágrafo, do Afedap, só poderá ser beneficiaria da liña en réxime de concorrencia non competitiva das subvencións convocadas a Federación Galega de Municipios e Provincias.

Contía

A concesión das subvencións para os plans de formación obxecto desta resolución financiarase con cargo ao crédito dispoñible no orzamento da Escola Galega de Administración Pública por un importe de 415.332 euros.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: