SUBVENCIÓNS DA FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA O FOMENTO E IMPULSO DA SUSTENTABILIDADE PESQUEIRA E ACUÍCOLA (PROGRAMA PLEAMAR). PRAZO: 20-06-2018

Data: 

martes, 8 Maio, 2018 - 00:00 a mércores, 20 Xuño, 2018 - 14:00

 

Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Extracto da Resolución 30 de abril de 2018 da Dirección da Fundación Biodiversidade, F. S. P., pola que se aproba a publicación da Convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento e impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, no marco do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) en 2018. BDNS (Identif.): 396603.

Obxecto

Desde o Programa pleamar, apoiaranse proxectos que promovan a sustentabilidade das actividades pesqueiras e acuícolas a través das seguintes temáticas principais: Innovación ambiental para reducir o impacto no medio ambiente das actividades pesqueiras e acuícolas, transferencia e intercambio de coñecementos e traballo en rede entre investigadores e pescadores e acuicultores, sobre aspectos de sustentabilidade ambiental, eliminación dos descartes e das capturas accesorias e redución dos efectos da pesca sobre o medio ambiente mariño, recollida, tratamento e valorización de residuos mariños por parte dos pescadores, sensibilización ambiental coa participación dos pescadores, asesoramento profesional sobre sustentabilidade ambiental en materia pesqueira e acuícola, mellora do estado de conservación das especies do anexo II e IV da Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (en diante Directiva Hábitats) e do anexo I da Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres, no marco das liñas prioritarias contempladas nas estratexias ou plans de conservación, en colaboración con pescadores e acuicultores, e medidas innovadoras, demostrativas e/ou piloto para a conservación ou restauración de hábitats do anexo I da Directiva Hábitats, en colaboración con pescadores e acuicultores.

Beneficiarios

Entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con personalidade xurídica propia e que teñan sede en España.

Bases reguladoras

Resolución do 21 de decembro de 2017, da Secretaría de Estado de Medio Ambiente, pola que se publican as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva por parte da Fundación Biodiversidade, para o fomento e impulso da sustentabilidade pesqueira e acuícola, no marco do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que figuran como anexo III a esta resolución. BOE núm. 21, do 24 de xaneiro de 2018.

Dotación

A dotación máxima global da convocatoria é de ata 4.890.000€. O importe máximo solicitado por proxecto será de entre 50.000€ e 800.000€ segundo os distintos eixos.

Prazo

O prazo para presentar solicitudes comezará desde o día seguinte á data de publicación do extracto desta convocatoria ata o 20 de xuño de 2018 ás 14:00 horas, nos termos e condicións especificados nas Bases Reguladoras.

Outros datos

O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da Fundación Biodiversidade, www.fundacion-biodiversidad.es

 

 

Descargas: