SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS EN 2015 (PROGRAMA MOVELE 2015). PRAZO: 31-12-2015

 

Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo

Real Decreto 287/2015, do 17 de abril, polo que se regula a concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos eléctricos en 2015 (Programa MOVELE 2015).

Obxecto, finalidade e réxime de concesión.

Constitúe o obxecto e finalidade deste real decreto a regulación do procedemento para a concesión directa de axudas á adquisición de vehículos eléctricos no ano 2015 (Programa MOVEle 2015), para incentivar e promover a adquisición de vehículos eléctricos novos, entendendo como tales aqueles cuxa enerxía de propulsión procede, total ou parcialmente, da electricidade das súas baterías, cargadas a través da rede eléctrica, facilitando e fomentando, con iso, o desenvolvemento da mobilidade eléctrica pola súa contribución á mellora do sector do transporte, da eficiencia enerxética e ambiental así como á redución da dependencia enerxética do petróleo.

Beneficiarios

1.No caso de adquisicións directas ou mediante operacións de financiamento por leasing financeiro, enténdese por beneficiario, para os efectos deste real decreto, o titular da matriculación rexistrada no Rexistro Oficial de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico.

No caso de adquisicións mediante operacións de financiamento de arrendamento por renting, o beneficiario será o arrendatario do contrato de renting.

2. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas neste real decreto:

a) Os profesionais autónomos, que terán que estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores.

b) As persoas físicas maiores de idade residentes en España non incluídas no apartado a).

c) As empresas privadas, validamente constituídas en España no momento de presentar a solicitude, e de natureza xurídica tal que o seu Número de Identificación Fiscal (NIF) comece polas letras A, B, C,D, E, F, G, J, N, R ou W.

d) As Entidades Locais e as entidades públicas vinculadas ou dependentes delas, sempre que cumpran co disposto en relación ao prazo máximo de pagamento a provedores na Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, para o cal deberán achegar certificación da intervención local sobre o período medio de pagamento a provedores, que non poderá superar en máis de 30 días o prazo máximo establecido para o efecto.

e) As Administracións das Comunidades Autónomas e as entidades públicas vinculadas ou dependentes delas, sempre que cumpran co disposto no artigo 20.3 da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, e co disposto na disposición adicional primeira da Lei 36/2014, do 26 de decembro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2015.

f) Outras entidades públicas vinculadas ou dependentes da Administración Xeral do Estado.

Vixencia do programa MOVELE 2015 e prazos para a presentación de solicitudes.

1.O Programa MOVELE 2015 surtirá efectos a partir do día seguinte ao da data de publicación no «Boletín Oficial do Estado» deste real decreto e finalizará o 31 de decembro de 2015 ou, se acontecese antes, cando se esgote o presuposto dispoñible establecido no artigo 2.

2. O prazo de presentación das solicitudes de axudas comprenderá dende o día de activación do sistema telemático de xestión de axudas do referido Programa MOVELE 2015 ata o 31 de decembro de 2015, ambos os dous inclusive, ou ata que se esgote o presuposto establecido no artigo 2 deste real decreto, en caso de producirse con anterioridade.

3. A data e hora de activación do sistema telemático de xestión de axudas será convenientemente notificada polo IDAE aos concesionarios adheridos ao Programa MOVELE 2015, a través da páxina web deste, aloxada na web do IDAE, www.idae.es.

As solicitudes das axudas establecidas neste real decreto canalizaranse necesariamente a través dos puntos de venda de vehículos previamente adheridos ao Programa MOVELE 2015.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº: 93297.14 KB