SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE (SEM)

Data: 

luns, 16 Setembro, 2019 (Todo o día) a domingo, 22 Setembro, 2019 (Todo o día)
Cartel Semana Europea da Mobilidade 2019

Estratexia Española de Mobilidade Sostible (EEMS)

O Consello de Ministros, con data de 30 de abril de 2009, aprobou a Estratexia Española de Mobilidade Sostible (EEMS). Esta estratexia xurde como marco de referencia nacional que integra os principios e ferramentas de coordinación para orientar e dar coherencia ás políticas sectoriais que facilitan unha mobilidade sostible e baixa en carbono. A mobilidade sostible implica garantizar que os nosos sistemas de transporte respondan ás necesidades económicas, sociais e ambientais, reducindo ao mínimo as súas repercusións negativas.

Os obxectivos e directrices da EEMS concrétanse en 48 medidas estruturadas en cinco áreas: territorio, planificación do transporte e as súas infraestruturas; cambio climático e redución da dependencia enerxética; calidade do aire e ruido; seguridade e saúde; e xestión da demanda. Entre as medidas contempladas, préstase especial atención ao fomento dunha mobilidade alternativa ao vehículo privado e ao uso do transporte público, utilización de combustibles máis sostibles, sinalando a necesidade de ter en conta as implicacións da planificación urbanística e infraestruturas na mobilidade.

 Estratexia Española de Mobilidade Sostible

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE (SEM)

16 - 22 SETEMBRO 

A Semana Europea da Mobilidade (SEM) é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o transporte público, a bicicleta, os viaxes a pe, os sistemas de coche compartido, etc.

Esta iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sostible e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes. O 22 de setembro celébrase ademáis o Día Sen Coches, orixen desta iniciativa europea, que pretende encontrar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.

Se queres coñecer máis detalles deste importante evento, ver o que fan outros países e municipios ou a propia Comisión Europea, podes acceder a este enlace: http://www.mobilityweek.eu/.

A "Dirección General de Biodiversidad y Calidad Ambiental" do Ministerio de Transición Ecolóxica é a responsable desde a súa orixe da promoción, impulso, coordinación e elaboración de documentación desta iniciativa en España, á vez que é membro da Coordinación Europea do proxecto.

MÁIS INFORMACIÓN :  https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/medio-ambiente-urbano/movilidad/

                                        http://www.mobilityweek.eu/campaign-resources-for-2019/

 

Promotores e coordinadores

COORDINACIÓN EUROPEA

Secretariado europeo

EUROCITIES

Square de Meeûs 1 B-1000 Bruselas – BÉLGICA Tel.+32 2 552 08 75

info@mobilityweek.eu

Co apoio político e económico de:

COMISIÓN EUROPEA

Dirección General de Movilidad y Transportes    

24-28, Rue De Mot

BE-Brussels-BÉLGICA

B-1049 Bruselas – BÉLGICA www.ec.europa.eu/transport

COORDINACIÓN NACIONAL

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA (MITECO)

Dirección General de Biodiversidad y Calidad Ambiental

Subdirección General de Calidad del Aire y Medio Ambiente Industrial

Plaza San Juan de la Cruz, s/n 28071 Madrid

Tel. Oficina Técnica: 91 322 65 70

medioambiente@semanaeuropeamovilidad.es

COORDINADORES AUTONÓMICOS

Estos son os correos electrónicos de contacto de coordinadores autonómicos, que colaboran con esta coordinación para a promoción e difusión da SEM nestas comunidades.

-       CATALUÑA

Alba Muñoz alba.munoz@gencat.cat

-       PAÍS VASCO

Miriam Arrizabalaga Miriam.Arrizabalaga@ihobe.eus

-       NAVARRA

Mikel Javier Ortigosa Lecumberri mikel.ortigosa.lekumberri@navarra.es

 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon PÓSTER SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE 1.21 MB
PDF icon MANUAL8.28 MB
PDF icon FOLLETO 1.96 MB