Reunión Fegamp-AGAXEDE

Data: 

mércores, 13 Setembro, 2017 - 12:45

Reunión do presidente da Fegamp, Alfredo García, co presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco, para falar das Xornadas de Xestión Deportiva que terán lugar o próximo ano e que se organizan en conxunto entre a Asociación Galega de Xestores Deportivos e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Falouse dos temas a tratar nas próximas xornadas, os ponentes idóneos para esta cita e a data de celebración da mesma que, aínda que está por concretar, pechouse para o mes de marzo de 2018.