Reunión de constitución da Mesa polas Emerxencias

Data: 

martes, 31 Outubro, 2017 - 13:00

Na sesión de coordinación da mesa polas emerxencias tamén se trataron cuestións relacionadas coa vaga de lumes. Nesa reunión os concellos galegos pediron contar cun número de teléfono específico para os alcaldes en caso de emerxencias xa que na xestión dos episodios de incendios aos que se enfrontou Galicia, os alcaldes víronse sen forma de contactar cos servizos de emerxencias colapsados como foi o caso do 112 co que non se pudo contactar durante máis de sete horas. Hai que recordar que os alcaldes se puxeron ao fronte dos dispositivos municipais e tiveron que tomar decisións cruciais para a seguridade dos veciños e veciñas dos seus concellos. A Xunta accedeu a ter en conta a postura dos alcaldes e, a falta de confimación de posta en marcha do servizo, os alcaldes contarán con esa vía de comunicación específica para eles.