RESOLUCIÓN PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS CORRESPONDENTES AO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2018-2019. PRAZO: 15-02-2018

 

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2017 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

Obxecto

Estas normas teñen por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019. As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei. O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Beneficiarios

Todos os concellos de Galicia. 

Financiamento

A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 15.998.687 € que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 13-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por anualidades:

2018: 7.999.343,50 €.

2019: 7.999.343,50 €.

Presentación da solicitude de axuda

1. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.  

Descargas: