RESOLUCIÓN DO 13 DE FEBREIRO DE 2015, DE PARQUES NACIONAIS

RESOLUCIÓN DO 13 DE FEBREIRO DE 2015, DE PARQUES NACIONAIS, POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE VOLUNTARIADO, NO MARCO DO PLAN DE SENSIBILIZACIÓN E VOLUNTARIADO NA REDE DE PARQUES NACIONAIS, E CENTROS E TERREOS ADSCRITOS AO ORGANISMO AUTÓNOMO PARQUES NACIONAIS PARA O ANO 2015. (BOE, SÁBADO, 21 DE FEBREIRO DO 2015, Nº 45, PÁX. 14444)

Destinatarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas na presente Resolución as entidades e organizacións no que cumpran os requisitos expostos no artigo 6 da Orde AAA/486/2012, do 29 de febreiro. En ningún caso poderá a entidade beneficiaria subcontratar as actuacións obxecto da subvención a outra entidade ou organización non gobernamental

Obxecto: Convocar a concesión de subvencións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de voluntariado na Rede de Parques Nacionais, e centros e terreos adscritos ao Organismo Autónomo Parques Nacionais, para o ano 2015.

Convoca: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Prazo: Trinta días hábiles a contar dende o seguinte á publicación desta Resolución.