PREMIOS COOPERA GALICIA 2018 PARA IMPULSAR E DIFUNDIR AS INICIATIVAS DE ASOCIACIONISMO MUNICIPAL. PRAZO: 12-11-2018

Data: 

xoves, 13 Setembro, 2018 (Todo o día) a luns, 12 Novembro, 2018 (Todo o día)

 

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Orde do 28 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia 2018 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal, mediante a distinción pública de proxectos de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia. BDNS (Identif.): 414153.

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria dos premios Coopera Galicia para o ano 2018, instituídos para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública de proxectos de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os traballos consistirán en proxectos, incluso proxectos piloto, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para o desenvolvemento de novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo os derivados da xestión das competencias municipais recollidas no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Persoas beneficiarias

Poderán optar a estes premios as agrupacións de concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos de Galicia, os consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, que presenten un proxecto, incluso piloto, de xestión compartida de servizos para a mellora dos sistemas xa implantados ou para o desenvolvemento de novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.

Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais adscritos ou dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

Financiamento

1. A convocatoria farase efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141.A.460.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018, ata unha contía máxima de 77.500,00 euros.

2. Establécense tres categorías de premios coas seguintes contías:

– 1º premio: 40.000 euros.

– 2º premio: 25.000 euros.

– 3º premio: 12.500 euros.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro.

Descargas: