PREMIO Á INNOVACIÓN BIBLIOTECARIA DE GALICIA 2019. PRAZO: 08-09-2019

Data: 

venres, 9 Agosto, 2019 (Todo o día) a domingo, 8 Setembro, 2019 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura e Turismo 

Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2019 (código de procedemento CT237A). BDNS (Identif.): 468866.

Obxecto

Impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levados a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria, que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan. Deberán ser sustentables no tempo e fomentar a réplica nunha situación distinta pero en condicións similares. Deberán ser innovadores, entendendo que a innovación non só implica unha nova acción senón un modo diferente e creativo de realizar prácticas tradicionais ou de reorganizalas.

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais ou agrupacións de concellos de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os demais requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. As agrupacións de concellos deberán estar debidamente acreditadas de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

1. Establécese un único premio de 3.000,00 € e un distintivo de biblioteca innovadora, que se poderá colocar nun lugar visible da biblioteca, no seu blog, páxina web ou noutros recursos dixitais.

2. O premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: