PREMIO Á INNOVACIÓN BIBLIOTECARIA DE GALICIA 2018. PRAZO: 18-10-2018

Data: 

mércores, 19 Setembro, 2018 (Todo o día) a xoves, 18 Outubro, 2018 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 

Orde do 5 de setembro de 2018 pola que se crea o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2018. BDNS (Identif.): 414918.

Obxecto

Impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas levadas a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia que busquen resultados positivos para a persoa usuaria e sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan, que sexan sustentables no tempo e fomenten a réplica nunha situación distinta pero en condicións similares e que sexan innovadores (entendendo que a innovación non só implica unha nova acción senón un modo diferente e creativo de realizar prácticas tradicionais ou de reorganizalas).

Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais ou agrupacións de concellos de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os demais requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e

c) Cumprisen o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. As agrupacións de concellos deberán estar debidamente acreditadas de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Importe

1. Establécese un único premio de 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible da súa biblioteca, no seu blog, páxina web ou outros recursos dixitais.

2. O premio concederase con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.432A.760.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: