O presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, clausura en Ordes o 34 Curso de Saúde Ambiental, patrocinado pola EGAEL



Esta iniciativa forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2008, dirixido polo profesor Francisco Peña baixo o mecenazgo da Obra Social Caixa Galicia e a FEGAMP. Un programa que conta cos parabéns do coordenador do proxecto “Healthy Cities”, da Organización Mundial da Saúde, así como co respaldo do Instituto Nacional de Administración Pública, da Sociedade Española de Sanidade Ambiental, da Asociación Española de Ciencias Administrativas-Instituto Internacional de Ciencias Administrativas Sección Española e das tres Universidades galegas. 

Periplo itinerante por Galicia 2000-2008 

Estes cursos de saúde ambiental tiveron dende a súa posta en marcha, no ano 2000, unha gran acollida en Galicia. No seu periplo itinerante ao largo destes oito anos pola xeografía galega rexistrouse a participación de 2.883 ambientalistas, tend