O Goberno paraliza o traspaso dos rexistros civís aos rexistros mercantís ou da propiedade

Data: 

venres, 24 Abril, 2015 (Todo o día)
O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, anunciou a paralización do traspaso dos rexistros civís aos rexistros mercantís ou da propiedade

O ministro de Xustiza do Goberno, Rafael Catalá, anunciou que o Executivo vai paralizar o proxecto que preveía o traspaso da xestión dos rexistros civís aos rexistros mercantís ou da propiedade. Catalá avanzou ademais que abrirán un diálogo coas partes implicadas sobre o modelo de reforma dese servizo e os tempos de aplicación, ata encontrar unha proposta compartida por sindicatos, partidos políticos e autonomías, se ben o ministro tamén dixo que 'non van estar dialogando sine die'. Catalá fixo esas declaracións á saída do acto de entrega dos premios do Colexio de Avogados de Madrid, no Tribunal Supremo, na capital de España. O titular de Xustiza afirmou que o Goberno 'non vai propoñer un modelo de reforma do rexistro que non sexa compartido polo conxunto dos axentes, co que tamén elimina a data de entrada en vigor da norma, prevista para o 15 de xullo. 'A día de hoxe', engadíu Catalá, 'todavía non temos recibido ningunha alternativa, pero o certo é que lle trasmitín ao Colexio de Rexistradores que non vamos impoñer ningún modelo sen consenso'. Despois de constatar que existía 'unha oposición importante de sindicatos e partidos', o responsable de Xustiza do Goberno indicou que no 2011 iniciaran 'a desxudicialización do rexistro civil e plantexaran que esa reforma consistira en entregar aos rexistradores, que son funcionarios públicos, ese servizo'.