O Consello de Europa organiza unhas xornadas informativas con motivo do lanzamento do Plano de Acción para a Cohesión Social

O Consello de Europa está a organizar unhas xornadas informativas con motivo do lanzamento do Plano de Acción para a Cohesión Social,dotando da formación  metodolóxica precisa para a implantación deste plan a nivel local e municipal.
O obxectivo do encontro é proporcionar unha formación dirixida ás autoridades e técnicos locais responsables para, mediante o uso de ferramentas, recoller as opinións dos cidadáns e o nivel local e elaborar indicadores para, dende Europa, poder deseñar políticas e accións mais eficientes e con maior impacto no mundo local. 
Polo interese das mesmas e a necesaria participación das Entidades Locais, o Consello de Europa dirixiuse á FEGAMP para que, no seu nome, puideramos cursar as invitacións a tódolos Concellos de Galicia.
Ditas xornadas terán lugar na vila de Viana do Castelo (Portugal