O catálogo único da Rede de Bibliotecas de Galicia incrementarase ata chegar a 70 bibliotecas adheridas

Data: 

venres, 19 Maio, 2017 - 10:30

Esta mañá a Federación Galega de Municipios e Provincias asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Xunta e a AMTEGA, para axudar a dar un pulo  á integración dos concellos galegos no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Este catálogo común pretende ser un  instrumento que ten como finalidade mellorar os servizos que ofrecen de forma conxunta as bibliotecas públicas galegas. Este convenio pretende ser a vía de colaboración para ampliar o número de bibliotecas públicas adheridas ao catálogo único da ao que xa estaban adheridas 43 e que con esta nova fase preténdese chegar ata 70.   

O convenio firmado hoxe tamén inclúe o emprego dunha nova plataforma de xestión bibliotecaria accesible ao catálogo único a través da web. Tamén se potenciará o emprego carné único, válido para todas as bibliotecas da rede.

Alfredo García destacou que na Fegamp saben da importancia da modernización da administración e do acceso aos recursos públicos de forma electrónica, polo que asegurou: “apoiaremos todas aquelas iniciativas que traten de modernizar ou simplificar os procesos que vaian na procura de mellorar o acceso a documentación, e aínda máis si se trata de facer máis accesible a cultura aos cidadáns”.

Tanto dende a AMTEGA como dende a Xunta lembrouse o traballo feito en colaboración coa Fegamp a través de 9 convenios firmados de forma conxunta para impulsar dixitalización das entidades locais.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon conveniobibliotecas.pdf1.78 MB
Momento da firma do convenio