Meteogalicia pon a disposición dos concellos prediccións individualizadas e en linguaxe natural

Data: 

martes, 26 Maio, 2015 (Todo o día)

MeteoGalicia ven de mellorar o seu servizo aos concellos a través dunha nova ferramenta, desenvolvida polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (Citius) e disponible desde onte, que permitirá aos usuarios da web do organismo da Consellería de Medioambiente (www.meteogalicia.es), acceder a prediccións meteorolóxicas en linguaxe natural (tal e como o faría un meteorológo) e individualizadas. O servizo proporciona información aos 314 concellos galegos a través da aplicación 'GALiweather'. Até o de agora, MeteoGalicia só proporcionaba unha predicción a curto prazo de Galicia e datos gráficos e númericos de cada un dos municipios.

'GALiweather' é un dos resultados de investigación do proxecto de I+D 'Descripción Lingüística de fenómenos complexos', que contou con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco) e que recentemente rematou o Citius. No seu desenvolvemento participaron catro investigadores da Unidade de Sistemas Intelixentes do centro, xunto con sete expertos de Meteogalicia.

O enlace para ver a información sobre o novo servizo na páxina do Citius é: https://citius.usc.es/novidades/noticias/meteogalicia-mejora-la-informac...