Ligazóns en Formación Continua

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2024:

  • PERÍODO DE INSCRICIÓN: ABERTO (do 24 ao 30 de abril ambos incluídos)
  • As fichas recibidas despois do período de inscrición, rematado o 30 de abril, serán consideradas FORA DE PRAZO. No caso de haber prazas vacantes nalgún curso abriremos a inscrición ata que se complete.
  • INSCRICIÓN: É obrigatorio certificar a vinculación como persoal da administración local, coa cabeceira da nómina (obrigatorio que sexa lexible a data correspondente ao mes de marzo ou a inmediatamente anterior a data de inscrición) ou calquera outro certificado que o acredite. Sen calquera deles non se poderá rexistrar a solicitude.
  • NÚMERO DE CURSOS: poden solicitarse un máximo de 3 cursos pero enviar só unha ficha de inscrición.  O/A solicitante pode ser admitido/a en 1, 2, 3 ou en ningún curso segundo sexa o caso. O número de envíos da ficha de inscrición por usuario  limítase a 1.
  • SELECCIÓN DE ADMITIDOS: Cando se faga a selección dos alumnos  enviaremos  un correo aos admitidos/as polo que solicitamos que revisen o correo e o spam, posto que hai un prazo para renunciar ou aceptar o curso e, no caso de non contestar, serían penalizados. É conveniente non utilizar o mesmo correo electrónico varias persoas xa que pode dar lugar a equívocos no momento de recibir a comunicación da Fegamp
  • Os CERTIFICADOS DE ASISTENCIA E APROVEITAMENTO enviaranse por correo electrónico, unha vez recibidas as actas de avaliación de todos os alumnos. O envío dos mesmos comezará a partir do mes de setembro.

Descargas: