Javier Bobe participou no foro 'Auga e Desenvolvemento Sostible' de 'El Correo Gallego'

Data: 

xoves, 26 Marzo, 2015 (Todo o día)

O xefe de servizo da Área de Medioambiente da Deputación de Ourense, Javier Bobe Vázquez, participou o mércores, 25 de marzo, nunha mesa redonda sobre o presente e o futuro dos recursos hídricos en Galicia, no foro 'Auga e Desenvolvemento Sostible', que organizou o xornal 'El Correo Gallego', coa colaboración de Viaqua, Augas de Galicia, o Grupo Banco Pastor e a Xunta de Galicia. A xornada comezou coa inauguración por parte de Gonzalo Mosqueira Martínez, director de Augas de Galicia. No foro tamén participaron o director xeral de Cetaqua, o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, o director de Comunicación da Universidade de Santiago, a xefa do servizo de Planificación e Programación Hidrolóxica de Augas de Galicia, un catedrático de Enxeñería Química da USC, o xefe de Área de Plans e Esdudos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, un xornalista de 'El Correo Gallego' e o subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC.