IX XORNADAS ESTATAIS DE PSICOLOXÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Data: 

venres, 24 Novembro, 2017 (Todo o día) a sábado, 25 Novembro, 2017 (Todo o día)

Estas Xornadas Estatais de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero “Abrindo o foco: a violencia de xénero, un problema con rostros”, están organizadas polo "Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia" e polo "Consejo General de la Psicología de España". Están recoñecidas de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co Núm. de Expediente: SA301A 2017/ 44 – 1.

Terán lugar os vindeiros 24 e 25 de novembro no Auditorio de ABANCA en Santiago de Compostela.

Tratarase dun encontro para o que se implicaron en deseñar un programa de interese para profesionais do eido comunitario e social, que permita abordar a grave problemática da violencia de xénero.

Consideran que poden ser interese para as persoas que traballan nos servizos sociais dos concellos e nas áreas de igualdade.

Mais información:

xornadasviolenciaxenero@copgalicia.gal

https://xornadasviolenciaxenero.copgalicia.gal/presentacion

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Cartel da xornada1.2 MB
PDF icon Flyer819.57 KB