INFORMACIÓN E MODELOS DE SOLICITUDE SOBRE A CELEBRACIÓN DE ESPECTÁCULOS PIROTÉCNICOS 2016

A Dirección Xeral de Ordenación e Producción Forestal da Consellería do Medio Rural, facilita a seguinte información relativa ás disposicións da Lei 3/2007 en materia de fogos de artificio xunto cos modelos de solicitude ou autorización en función da cantidade de materia regulamentada e da localización da zona de lanzamento. 

1.- Como norma xeral, están permitidos os espectáculos de fogos de artificio en todo o territorio da comunidad autónoma.

2.- A regulación do emprego de fogos de e outros artefactos pirotécnicos en festas locais ou de arraigada tradición cultural, sempre e cando teñan lugar en terreos forestais e zonas de influencia forestal e en epocoa de perigo alto, realizase no artigo 37 da lei 3/2007, do 9 de abril, de prevencion e defensa contra os incendios forestais.

3.- A lei 3/2007, no seu artigo 2, define que se entende por terreo forestal e zona de influencia forestal.

4.- En calquera caso, o solo urbano, o de nucleo rural e o urbanizable delimitado, non teñen a consideración de terreos forestais ou zonas de influencia forestal, polo que os espectaculos de fogos artificiais celebrados nese tipo de solos, non estan sometidos a lei 3/2007.

5.- Tal e como establece o artigo 37 da lei 3/2007, o uso de fogos de artificio e outros artefactos pirotécnicos non esta prohibido. A realización de espectáculos de fogos de artificio unicamente esta condicionada a obtención de autorización do concello cando ditos espectáculos teñan lugar en terreos ou zonas de influencia forestal, durante a epoca de perigro alto e para festas locais ou de arraigada tradición popular e cultural.

6.- Cando o espectáculo teña lugar en terreos ou zonas de influencia forestal, durante a epoca de perigro alto, a entidade organizadora deberá adxuntar a solicitude ou comunicación da tirada de fogos, a solicitude expresa de tirada en zona forestal. Neste caso, o concello deberá comunicar a autorización o distrito forestal correspondente cunha antelación minima de 48 horas.

7.- Cando o indice de risco diario de incendio forestal sexa extremo, o concello non poderá autorizar os espectaculos de fogos artificiais en terreos forestais ou zonas de influencia forestal. Asimesmo, entenderánse revogadas as autorizacións concedidas en terreos forestais e zonas de influencia forestal cando o día e a hora de celebración do espectáculo o indice de risco diaria sexa extremo.

8.- Os lanzamentos so poderán ser realizados por persoal autorizado das empresas que figuren no rexistro sectorial desta actividade.

9.- Os espectáculos que teñan lugar en terreos forestais ou zonas de influencia forestal, so poderán emplear fogos artificiais e outros artificios pirotécnicos elaborados con materiais ignífugos ou ignifugados.

 

A continuación pode descargar os modelos de comunicación e solicitudes de autorización de espectáculos pirotécnicos conforme as normas sectoriais, así como a solicitude específica para terreos forestais ou zonas de influencia forestal que debe acompañar as comunicacións ou solicitudes correspondentes.

Descargas: