INFORMACIÓN DA FEGAMP SOBRE O 'PROGRAMA OPERATIVO DE AXUDA ÁS PERSOAS MÁIS DESFAVORECIDAS' (FEAD)

Data: 

martes, 5 Maio, 2015 (Todo o día)

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade solicitou a colaboración das Comunidades Autónomas para optimizar a xestión do 'Programa Operativo de Axuda ás Persoas máis Desfavorecidas' (FEAD).

Trátase dun programa dirixido á atención de necesidades básicas que se desenvolverá ata o ano 2020. está dotado con 662,8 millóns de euros dos que o 95% se destinará á achega de alimentos á poboación e o 5% restante ao desenvolvemento de medidas de acompañamento dirixidas á inclusión social das persoas que reciban estes produtos alimenticios.

A primeira entrega de alimentos está prevista para o próximo mes de xuño.

Por outra banda informámoslles de que unha entidade local pode solicitar participar directamente a xestión do fondo como organización asociada de reparto. Os requisitos, obrigas e procedemento de solicitude son os establecidos na resolución do BOE do 25 de febreiro de 2015, do Fondo Español de Garantía Agraria, que establece o procedemento para a designación das organizacións asociadas de distribución e os requisitos que deben cumprir as organizacións asociadas de reparto, encargadas da distribución de alimentos no marco do 'Programa 2015 de Axuda Alimentaria ás Persoas máis Desfavorecidas' (BOE do 6 de marzo de 2015).

Xúntase a resolución do BOE do 25 de febreiro de 2015 .

Descargas: