III FORO XANTAR NA CASA

Data: 

martes, 25 Setembro, 2018 (Todo o día)
CARTEL DO III FORO XANTAR NA CASA

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar organiza para o próximo 25 de setembro, ás 9,30h, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, o "III Foro Xantar na Casa", sobre ese programa de entrega de comida a domicilio para persoas maiores, dependentes ou risco de exclusión, que desenvolve dende hai anos o organismo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Dende a Fegamp animamos a todos os concellos a participar nesa xornada para a que o Consorcio convida a todos os/as alcaldes/esas, concelleiros/as de Servizos Sociais e/ou traballadores/as sociais de Galicia.

O Consorcio prega confirmación de asistencia no enderezo dixital xerencia@igualdadebenestar.org ou no número de teléfono 881 996 402.

Pode descargar a continuación o programa do FORO. 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa do Foro817.77 KB