II FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA - SILLEDA

Data: 

xoves, 22 Marzo, 2018 (Todo o día) a sábado, 24 Marzo, 2018 (Todo o día)
II Feira da Enerxía de Galicia 2018

A II Feira da Enerxía de Galicia, que terá lugar do 22 ao 24 de marzo, dará continuidade a un proxecto respaldado pola Xunta de Galicia que contou con gran acollida na súa primeira convocatoria. Farao cunha cita que profundizará nas claves deste certame: a converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios nun foro coa mellor formulación posible para a xeración de negocio, a innovación e a divulgación.

Entre os seus eixos principais estará a bioenerxía, o aforro e eficiencia enerxética e os combustibles alternativos para sectores difusos (transporte, residuos…). 

Pode atopar toda a información premendo aquí.

  • Datas de celebración: do 22 ao 24 de marzo de 2018
  • Lugar: Feira Internacional de Galicia ABANCA. Silleda - Pontevedra
  • Periodicidade: Bienal
  • Horario: de 10 a 19 h.
  • Entrada: Gratuita rexistrándose no formulario.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Dossier Informativo Feira714.49 KB