GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA DA UVIGO

Data: 

martes, 13 Outubro, 2020 (Todo o día)

O Grao en Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo, pretende proporcionar ao estudantado unha base sólida de coñecementos básicos en ciencia política e administración pública, dereito, economía e empresa, socioloxía, informática e estatística, orientados cara a xestión pública de xeito que os/as futuros/as graduados/as coñezan a natureza e os métodos aplicables á xestión e administración pública desde unha perspectiva histórica e contemporánea. Este título conta cunha modalidade presencial e con outra modalidade virtual. 

Datos básicos da titulación

Campus: Pontevedra

Centro: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Área de coñecemento: ciencias sociais

Lingua de impartición: galego e castelán

Número de créditos: 240 ECTS

Duración: 4 anos

Número de prazas: 45 (25 modalidade presencial e 20 modalidade virtual) Modalidade: presencial e virtual

Matrícula

Nº de prazas Oferta total: 45 prazas (25 prazas na modalidade presencial e 20 prazas na modalidade virtual). 

Perfil de acceso

Non se esixen competencias previas na área de ciencias sociais para cursar esta titulación. En calquera caso, recoméndase o acceso a este grao ao estudantado con curiosidade por comprender todo o relacionado coa Administración Pública e boa disposición para o razoamento abstracto. Valórase especialmente a capacidade de análise, a facilidade para separar as causas das consecuencias, etc. Cabe sinalar que os alumnos e alumnas deberán ser persoas flexibles e capaces de enfrontarse a problemas non estruturados.

Prezo

Prezos públicos, aprobados cada curso pola Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria.

Prezo público para o curso 2021/2021: 9,85 euros cada crédito.

Horarios

As clases da modalidade presencial do grao impartiranse en horario de mañán, de 9:00 a 15:00 horas.

A modalidade virtual contará con clases síncronas e asíncronas.

Para máis información

Web: direccionygestionpublica.uvigo.es

E-mail: direccionygestionpublica@uvigo.es

Tel.: +34 986 801 999

Descargas: