Formulario de inscrición

Conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, infórmase de que os datos facilitados se incorporarán nun ficheiro automatizado baixo a responsabilidade da Fegamp, coa finalidade de poder atender calquera aspecto derivado da súa inscrición nesta actividade. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal ou fora necesario para o correcto desenvolvemento da actividade na que se inscribe. Así mesmo, solicítase a súa autorización para poder achegarlle información sobre cursos, xornadas e actividades futuras:
Por outra parte, e atendendo a que o dereito á propia imaxe está recoñecido no artigo 18 da Constitución e regulado pola Lei 1/182, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, a Lei 15/1999, de 13 de decembro e o Regulamento Xeral (UE) 2016/579 de Protección de Datos, infórmase de que no transcurso da actividade na que se vai inscribir, se poderán facer fotografías e gravacións de vídeo, e estas poderán ser publicadas a través das canles das que dispón a Fegamp (páxina web, revistas, exposicións, Facebook, Twitter, Youtube), enviadas á prensa ou cedidas ás entidades colaboradoras da actividade, co único próposito de dar difusión ás accións de formación e divulgación que desenvolve a Fegamp. A este fin, solicítase a súa autorización para que a Fegamp poida facer uso das imaxes ou gravacións onde apareza a sua imaxe, individual ou en grupo, realizadas nesta actividade, nos termos arriba indicados:

Por último, infórmase de que vostede ten dereito a obter unha confirmación sobre se a Fegamp está tratando os seus datos persoais e, por tanto, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade e revocar estes consentimentos a través das seguintes canles: a dirección de correo electrónico dpd@fegamp.gal, a sede electrónica da Fegamp http://fegamp.sedelectronica.gal, ou no seguinte enderezo postal: Rúa de Varsovia 4-C 6º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Pode consultar aquí a política de privacidade da Fegamp.