FERNÁNDEZ INSISTE EN QUE O COMITÉ ASESOR NON É O FORO ADECUADO PARA DEBATER AS CUESTIÓNS DE FONDO ENTRE A FEGAMP E VIVENDA POLAS NORMAS DO HÁBITAT



Santiago, 24 de abr. de 08. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, respondeu á conselleira de Vivenda que a Fegamp xa ten nomeado representante no Comité Asesor de Habitabilidade, desde o pasado día 16 de abril.

 

O alcalde dos alcaldes galegos confirmou que a Fegamp vai participar no Comité Asesor de Habitabilidade, pero os concellos insisten en que este foro, “que pode ser útil para resolver problemas derivados da interpretación das normas”,  “non é o adecuado para debater sobre as diferencias de fondo que existen entre a consellería e a Fegamp sobre as Normas do Hábitat”.

 

O presidente do organismo municipalista reitera que deberan existir “unhas conversas bilaterais semellantes ás que puxeron fin &aa