FERNÁNDEZ ADVIRTE A MERA QUE A FEGAMP NON CONSINTE QUE SE POÑA EN TELA DE XUÍZO A SÚA ACTUACIÓN EN DEFENSA DOS CONCELLOS GALEGOS



 

O presidente da Fegamp reitera ao responsable de Política Municipal do BNG que levan traballando desde o primeiro día no seguimento do decreto do catastro en coordinación coa Femp

Fernández esixe do BNG que remate coa liña de confrontación partidaria e apoie as decisións do organismo municipalista na defensa da autonomía local e a suficiencia financeira dos concellos

Santiago, 10 de xullo de 2008. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, ven de manifestar que “a Fegamp non consinte nin tolera que se poña en tela de xuízo a súa c