FEMP - SUBVENCIÓNS CONCELLOS ACTUACIÓNS MEMORIA DEMOCRÁTICA

Data: 

mércores, 11 Novembro, 2020 (Todo o día) a xoves, 26 Novembro, 2020 (Todo o día)

O pasado 7 de outubro publicouse no BOE o Real Decreto 887/2020, de 6 de outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para actuacións relacionadas coa memoria democrática.

O importe de dita subvención ascende a 750.000,00 €, destinados a financiar as actuacións que os Concellos estean interesados en levar a cabo durante 2021 en orde á investigación, localización, exhumación e identificación de persoas desaparecidas en fosas da guerra civil e do franquismo.

Na Circular que pode descargar a continuación, figura información detallada sobre as actuacións que poden ser financiadas e os compromisos que comporta. No caso de que algún concello esté interesado en acceder a esta subvención, debe remitir cumprimentada a ficha que aparece despois da circular , xunto coa documentación referida na mesma ficha, por correo electrónico a femp@femp.es  ou por correo ordinario ao enderezo postal (Calle Nuncio nº 8, Madrid, C.P. 28005), indicando no asunto do correo electrónico ou no sobre “SOLICITUD DE SUBVENCIÓN PARA ACTUACIONES RELACIONADAS CON LA MEMORIA DEMOCRÁTICA”.
A solicitude deberá ter entrada no Rexistro da FEMP antes das 00:00 horas do día 26 de novembro de 2020.

Descargas: