A Fegamp reúnese con Gas Natural para ver a marcha do Convenio

Data: 

mércores, 21 Xuño, 2017 - 17:00

Na reunión, o presidente da Fegamp, Alfredo García, comentou coa empresa os datos de concellos adheridos ata o momento ao Convenio para a protección de persoas e familias en situación de vulnerabilidade e urxencia social. Tiveron a oportunidade de revisar a marcha do mesmo nos seus primeiros meses e o balance foi positivo.

Reunión de representantes de Gas Natural coa técnico e o presidente da Fegamp