A FEGAMP RESPALDA UN ANO MAIS A CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL “PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA”.

Data: 

martes, 26 Xuño, 2018 (Todo o día)
Cartel campaña Panos Brancos contra a droga 2018

A FEGAMP, un ano máis apoia esta campaña, que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2018 a súa duodécima edición.

O propósito destes actos é conmemorar de forma especial o día contra a droga, que en Galicia ten a súa propia celebración coa campaña "Panos Brancos", cuxos actos centrais da edición de 2018 celébranse en Vilanova de Arousa en coincidencia co Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas (26 de xuño), instaurado pola Organización de Nacións Unidas –ONU-, que quere suliñar a importancia decisiva da participación de familias, escolas e comunidade na prevención do consumo de drogas.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Presentación da Campaña301.27 KB
PDF icon Texto do manifesto43.36 KB