A Fegamp firma con Sanidade o modelo de convenio para asumir a xestión de 131 centros de saúde en 2018

Data: 

luns, 7 Maio, 2018 - 12:00
Comisión Galega de Cooperación Local 7 maio 2018

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018.- A Xunta de Voceiros da Federación Galega de Municipios e Provincias acudiu en pleno á Comisión Galega de Cooperación Local celebrada esta mañá en Santiago de Compostela. O Edificio da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) acolleu a xuntanza dos representantes de todas as consellerías da Xunta de Galicia coa xunta directiva da Fegamp, ao carón tamén da directora de Administración Local e as Deputacións Provincias,  para debater os temas a tratar de solucionar nos diferentes eidos que afectan á administración local. A Fegamp tamén fixo referencia aos obxectivos conseguidos nas negociacións coa Xunta desde a celebración da última Comisión Galega de Cooperación Local o pasado ano. O presidente da Fegamp destacou “a importancia de contar agora cunha periodicidade anual para esta cita”, e tamén a “boa sintonía” coa que se traballa coa Xunta para seguir avanzando nos obxectivos do municipalismo.

En declaracións previas á reunión, o presidente da Fegamp, Alfredo García, destacou algúns dos logros acadados neste último ano: “sen dúbida as reunións mantidas co goberno autonómico deste último ano teñen sido moi positivas chegando a acordos como a centralización de probas da Policía Local na AGASP, a creación da bolsa de interventores/as, secretarios/as e interventores/as, ou a sinatura do convenio en servizos socias para cerrar o mapa de Centros de día, entre outros”. Alfredo García tamén fixo referencia a temas que están en vías de solucionarse como a asunción de Centros de Saúde por parte da Consellería de Sanidade ou o Pacto da Auga no que se leva meses traballando e que a Fegamp urxiu pechar no prazo máximo dun mes.Pero o presidente da Fegamp tamén deixou claro que aínda quedan outros grandes obxectivos polos que traballar que presentou na reunión da comisión.

Un tema principal tratado coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia foi o mapa de emerxencias de Galicia e a implantación do novo modelo á maior brevidade. Ademais neste eido desde a federación quixeron coñecer o destino dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) ao fin do convenio regulador dos mesmos o 31 de decembro de 2018. No eido do financiamento foron diversas as peticións que a Federación Galega de Municipios e Provincias fixo á Xunta. Comezando pola Consellería de Facenda, a Fegamp demandou facer un estudo das posibles subvención susceptibles de integrarse no Fondo de Cooperación Local (FCL) e a necesidade de incrementar polo tanto a porcentaxe de partidas non finalistas.

Á Consellería de Cultura a Fegamp propúxolle rematar a asunción dos gastos enerxéticos de todos os centros educativos independentemente do combustible empregado como rede de calor. Outro tema proposto foi o de cofinanciar o servizo de conservatorios municipais participando todas as administracións no mantemento do mesmo.

En canto ao Departamento de Sanidade da Xunta de Galicia, e tras o anuncio de esta da asunción de parte dos centros de saúde galegos, a Fegamp propuxo chegar a acordo para responsabilizarse tamén dos gastos de mantemento dos Centros de Saúde non asumidos e estudar tamén os casos dos consultorios un por un para proceder a asumir os gastos dos consultorios que estaban inicialmente no primeiro grupo de cesión e que teñen características similares de prestación de servizo aos de os centros de saúde. Un calendario para asumir as  Unidades de Atención á Drogodependencia (UAD) por parte deste departamento das foi outra das propostas que urxiu axilizar a federación.

Con respecto á Consellería de Medio Rural a Fegamp pediu cooperar entre todas as administracións en materia de prevención de prevención de incendios nas faixas secundarias de xestión de biomasa avanzando no convenio que está en fase de borrador. A posta en valor do monte con políticas acordadas para poñer a producir un activo de vital importancia para Galicia.

Coa Consellería de Economía tamén a Fegamp tratou tema de distribución de fondos en política de emprego tanto no que se refire aos requirimentos dos cursos de formación, como a subvencións do RISGA, como aos obradoiros de emprego. Considerar establecer excepcións para os concellos con Plan de Estabilidade que non poden aplicar as bonificacións necesarias para acceder ao selo Doing Business foi outra das propostas que levou a federación.

Cambiando ao eido de Medio Ambiente, a Fegamp pediu á Xunta resolver en coordinación cos concellos e Deputacións a problemática actual dos animais abandonados mediante a construción das canceiras necesarias en cada unha das 4 provincias mediante vias de cofinanciamento polo elevado aumento do custo do servizo para os concellos. Neste departamento a Fegamp tiña tamén posto o obxectivo de axilizar o peche do Pacto da Auga polo que propuxo cerrar nun breve prazo o documento a tres bandas (Concellos+Deputacións+Xunta) no se leva traballado desde hai meses.

Pasando aos servizos socias, á Consellería de Política Social a Fegamp propúxolle coñecer a realidade dos Servizos Sociais de Galicia mediante un estudo concello por concello para coñecer as necesidades específicas de cada territorio e coordinar os medios e a información. Desde a federación propúxose a contratación dun técnico/a mediante sinatura co departamento para coordinar os diferentes programas en marcha nos servizos sociais dos concellos galegos a través da Fegamp.

Galería da Comisión Galega de Cooperación Local