Fegamp e Agaxede organizan unha xornada de xestión deportiva o 21 de abril en Santiago

Data: 

venres, 7 Abril, 2017 (Todo o día)

A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Asociación Galega de Xestores Deportivos programan para o vindeiro 21 de abril en Santiago de Compostela a xornada “Xestión deportiva para pequenos e medianos municipios”. O evento formativo celebrarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e está dirixido a técnicos/as locais e edís das áreas de deporte.

A inscrición para asistir é gratuíta e está aberta ata o vindeiro 17 de abril. Aqueles/as interesados/as en participar, deben solicitar praza nesta ligazón.

A xornada ten como principais obxectivos analizar as ferramentas das que dispoñen os concellos en materia deportiva, estudar os instrumentos de planificación e xestión que poidan mellorar ditos servizos e coñecer polo miúdo as alternativas de futuro da xestión deportiva local.

O evento comezará ás 9 da mañá e tras a apertura oficial, catro voces expertas na materia presentarán  os seus relatorios. A maiores, e coa intención de favorecer a participación dos/as asistentes, o presidente da Fegamp, Alfredo García Rodríguez, moderará unha mesa redonda na que se debaterá a problemática dos servizos deportivos municipais e as súas posibles solucións.

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon letragrande-sinborde.jpg141.21 KB
galer_a_fotos