A Fegamp busca solucións ao bloqueo dos Plans de Urbanismo en Galicia

Data: 

mércores, 26 Xullo, 2017 - 13:00

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, reuníase esta mañá con Encarnación Rivas Díaz, directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e con membros de Augas de Galicia e as Confederacións Hidrográficas do Douro, Miño-Sil e Cantábrico, para buscar solución inmediatas á paralización de PXOM por o fallo do Tribunal Supremo que obriga a axuntar mapa de redes de abastecemento e garantir os recursos hídricos.

 

Santiago, 26 de xullo de 2017- Membros da Federación Galega de Municipios e Provincias mantiñan esta mañá unha reunión con representantes das Confederacións Hidrográficas do Douro, Cantábrico e Miño-Sil xunto con membros da Xunta e Augas de Galicia. O motivo da reunión foi o problema xurdido co fallo do Tribunal Supremo que tombou diferentes PXOM (Plans Xerais de Ordenación Municipal) galegos e a necesidade de axuntar mapa de todas as redes de abastecemento municipais e garantir os recursos hídricos para acadar a súa aprobación definitiva .

Ante a imposibilidade de levar a cabo este trámite por parte dos concellos, debido á grande cantidade de redes existentes e sumado á multitude de redes de carácter privado que hai en Galicia, produciuse a paralización de varios PXOM. Por este motivo, a Fegamp Augas de Galicia e a Xunta reuníronse agora coas Confederacións Hidrográficas que afectan ao territorio galego para abordar esta problemática e buscar solucións no menor tempo posible.

A reunión contou coa presenza do presidente da Fegamp, Alfredo García, que destacou a necesidade de que “ se cambie a Lei de Augas 2005 para que se recoñeza a especificidade do solo de núcleo rural en Galicia posibilitando que os informes de conca sexan favorables e non condicionados”. Para isto a Fegamp buscará manter unha entrevista coa ministra de Medio Ambiente e García asegurou que tamén intentará forzar unha reunión cos voceiros de todos os grupos parlamentarios das Cortes en Madrid.