EUROPA NA PROVINCIA DA CORUÑA (3ª EDICIÓN)

Data: 

mércores, 18 Outubro, 2017 (Todo o día) a xoves, 19 Outubro, 2017 (Todo o día)

Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, ten o pracer de convidalo á terceira edición de “Europa na Provincia da Coruña”.
O obxectivo deste evento é crear un foro especializado en financiamento europeo que lles permita aos concellos da provincia participar nos distintos fondos e programas europeos. Este ano, centrarase en dous eixos: economía circular e reto demográfico.

O evento está dirixido a alcaldes/as, concelleiros/as, técnicos/as e, en xeral, persoal ao servizo das entidades locais da provincia da Coruña.
“Europa na Provincia da Coruña" celébrase os próximos días 18 e 19 de outubro de 2017 na Deputación provincial da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2 – 15003- A Coruña).

Toda a información sobre este evento no seguinte enlace: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2017/e...

Para máis información complementaria, contacte con europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Programa 

Formulario de inscrición, aquí