ESTRATEXIA GALEGA DO CAMBIO CLIMÁTICO E TRANSICIÓN ENERXÉTICA 2050

Data: 

venres, 23 Xuño, 2017 (Todo o día)

A presentación do proxecto de elaboración da Estratexia Galega de Cambio Climático e Transición Enerxética 2050, terá lugar o venres 23 de xuño a partir das 9:30h no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia no seu firme compromiso de loita fronte ao fenómeno do Cambio Climático, emprende o desenvolvemento desta Estratexia Galega, co obxectivo da participación activa de toda a sociedade, coa finalidade de que sexa o principal instrumento de planificación nesta materia.

Na segunda parte da xornada organizaranse 6 mesas de traballo sectoriais, nas que poderá participar: Industria e Enerxía; Mobilidade e Transporte; Sector Agrario, Forestal e Gandeiro; Medio Mariño e Pesca; Territorio e Servizos; Medio Natural e Biodiversidade. A elección da mesa deberá formalizarse no momento da súa inscrición. As suxestións e achegas dos asistentes a estas mesas de traballo serán incorporadas á Estratexia e servirán como apoio para definir as súas liñas de actuación.

Prégase confirmación de asistencia antes do 21 de xuño, cumprimentando a inscrición.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa 1.05 MB
PDF icon Convite2.42 MB
Fegamp