CURSOS ONLINE ORGANIZADOS POLO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA EN COLABORACIÓN COA EGAP

Data: 

xoves, 1 Outubro, 2020 (Todo o día) a xoves, 3 Decembro, 2020 (Todo o día)

Cursos online organizados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública:

O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación ás principais novidades, procedementos e mecanismos que a Lei 1/2019, do 22 de abril, de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación urbanas de Galicia habilita para o fomento da rehabilitación.

O obxectivo deste curso é que os alumnos poidan adquirir os coñecementos necesarios en relación á normativa que regula os procedementos e a contratación nas Administracións Públicas.

Neste curso de Renovación Urbana e Rexeneración Urbanística abordarase en 8 sesións de 4 horas unha reflexión profunda sobre a vivenda e a rehabilitación urbana. Cada unha das oito sesións contará coa participación dun profesor invitado que asumirá o papel estimulador e condutor do debate sobre os diferentes aspectos que se refiren máis adiante, coa expectativa de producir un documento final colectivo con directrices, recomendacións e posibles liñas de traballo a desenvolver para producir unha ferramenta urbanística executiva que permita abordar a recuperación urbana desde a posta en carga habitacional do parque de vivendas baleiras en Santiago de Compostela.

Pode consultar toda a información relativa aos cursos na web do Colexio, a través do seguinte ENLACE