CURSO SOBRE INTERVENCIÓN EN EMERXENCIAS PARA OS CONCELLOS CON GES 2020

No DOG do día 13 de outubro de 2020 convócase un curso sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

Os destinatarios do mesmo son as persoas que participaron nunha convocatoria para os grupos de emerxencia supramunicipais e vaian a ser contratados de xeito inmediato, ou se atopan nas lista de reserva. Este curso é imprescindible para poder prestar servizos nos GES.

O Curso terá unha duración de 70 horas e celebrarase entre o 2 e o 27 de novembro deste ano. O prazo de inscrición é de 8 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación da Resolución no DOG (13 de outubro de 2020). Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para máis información, poden consultar a resolución no seguinte pdf. 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Resolución convocatoria curso GES - DOG517.14 KB