Curso online sobre Xestión de Residuos Urbanos - CMAOT e Ecoembes

Data: 

mércores, 1 Xuño, 2016 - 08:00 a domingo, 24 Xullo, 2016 - 20:00

Curso online sobre Xestión de Residuos Urbanos, dirixido a técnicos da área de medioambiente da Administración Local.

O curso é promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes, e organizado pola Cátedra Ecoembes Medio Ambiente, coa colaboración da FEMP.

Comezará o vindeiro 1 de xuño e durará ata o 24 de xullo. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de maio.

Conta cun total de 50 prazas, e o custe da matriculación será subvencionado con fondos do Convenio Marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, polo que os participantes só terán que abonar o custe de expedición do título, unha vez superen o curso e desexen obtelo.

Máis información: http://www.catedraecoembes.upm.es/formacion/cursos-online/

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Dossier curso online xestion residuos505.37 KB