CURSO MONOGRÁFICO SOBRE ADMINISTRACIÓN, EMPRESA E URBANISMO SUSTENTABLE

Data: 

luns, 30 Novembro, 2015 (Todo o día) a martes, 1 Decembro, 2015 (Todo o día)

Contido: Serán tratados, entre outros, os seguintes temas: – A protección do litoral: a incidencia do dereito da Unión Europea. – Panel de expertos: ordenación do territorio e sustentabilidade: unha perspectiva desde a actuación empresarial. – A ordenación do territorio, especial referencia ao caso de Galicia. – Ordenación do territorio e contención do consumo do solo. – Parámetros para o desenvolvemento dunha ordenación territorial sustentable: o equilibrio entre actividade empresarial e intereses socio-ambientais. – Responsabilidade social e sustentabilidade no ámbito urbanístico. – Actividade empresarial e urbanismo. – Panel de expertos: a intervención administrativa na actividade das empresas relacionadas co urbanismo e a ordenación do territorio. – Problemas de competencia no mercado do solo. – Actividade empresarial, fiscalidade e urbanismo. – Réxime laboral e urbanístico: seguranza e hixiene no traballo. – A participación cidadá no urbanismo: posibles respostas ás críticas desde as instancias europeas. – Panel de expertos: urbanismo e accións públicas. – A acción pública xudicial. Recursos administrativos e contencioso-administrativos contra licenzas urbanísticas. – Actuacións obstrucionistas á execución de sentenzas. – A acción pública ambiental e o control ambiental do uso do solo: a incidencia do dereito da Unión. – A anulación do planeamento. – Panel de expertos: a incidencia da anulación do planeamento nos dereitos e intereses dos cidadáns. – A nulidade sobrevida de licenzas. – A responsabilidade patrimonial por anulación do planeamento. – O réxime de fóra de ordenación.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Organizador: Escola Galega de Administración Pública

Data de inscrición: Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 26 de novembro de 2015.

Data de inicio: 30/11/2015

Data de fin: 01/12/2015

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151105/AnuncioO150-291015-0001_gl.pdf