CURSO DE COMUNICACIÓN EN LINGUA DE SIGNOS

Data: 

luns, 24 Outubro, 2016 (Todo o día)

Este curso está organizado e impartido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). É o único centro de Galicia pertencente á Rede Estatal de Ensino da Lingua de Signos da Confederación Estatal de Persoas Xordas. Formar parte da rede estatal asegura a promoción de niveis en calquera lugar de España, nas organizacions que forman parte da rede que é prácticamente todo o movemento asociativo de persoas xordas e que, no caso de Galicia, só é a FAXPG.

O prazo para a matriculación nos Cursos de comunicación en LSE permanecerá aberto ata o 24 de outubro.

Lugares de impartición: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Destinatarios: persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da lingua de signos española como segunda lingua, un idioma MÁIS.

  • Estudiantes.
  • Profesionais de diversos ámbitos: educativo, social, sanitario,…
  • Familiares, amigos e compañeiros de persoas xordas.
  • Persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva que non coñezan a lingua de signos.
  • Etc.

Para inscrición e máis información Pinche aquí 

Enderezo electrónico: lsecursos@faxpg.es  

Teléfono: 981 91 87 68