CONVOCATORIA DE DÚAS EDICIÓNS DO PROGRAMA TecEUROPA DE ESPECIALIZACIÓN EN FINANCIAMENTO COMUNITARIO

Data: 

martes, 8 Marzo, 2016 - 10:00 a domingo, 13 Marzo, 2016 - 00:00

A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca dúas edicións, con 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario.

O programa está dirixido a persoal vinculado ás entidades membro do padroado da FGE, persoal das entidades locais galegas, do terceiro sector e de calquera outra das entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro que teñan relación coa xestión de proxectos europeos.

Contará cunha parte teórica que se impartirá na oficina da FGE en Bruxelas e unha parte práctica que se desenvolverá en Santiago de Compostela.

A primeira das edicións celebrarase do día 11 ao 15 de abril en Bruxelas e os días 28 e 29 co mesmo mes en Santiago de Compostela mentres que a segunda, terá lugar do 19 ao 23 de setembro en Bruxelas e durante os días 5 e 6 de outubro en Santiago de Compostela.

Pódese consultar a convocatoria e a documentación necesaria no seguinte enlace: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2_ver.asp?idSeccion=8&idTema=255&idNoticia=2421aquí

As persoas interesadas en participar no programa terán de prazo ata ás 24.00 h do día 13 de marzo de 2016 para enviar a solicitude e documentación correspondente ao enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Para calquera información complementaria poden contactar coa FGE no teléfono 981 541012 ou no enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu