CONVENIO XUNTA DE GALICIA - FEGAMP PARA O PROGRAMA GALEGO DA VESPA VELUTINA

Data: 

luns, 24 Febreiro, 2020 (Todo o día)

Convenio entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á Avespa Asiática (VESPA VELUTINA).

O presente convenio ten por obxecto establecer o marco para executar de xeito coordinado a posta en marcha do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa Velutina) en 2020 entre a Xunta de Galicia e os concellos que se adhiran. Este convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.

O presente convenio constitúe o marco xurídico xeral dentro do cal as Entidades Locais poderán asinar a súa adhesión mediante o modelo que figura como Anexo II, coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan a contención e seguimento da vespa velutina, tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá.
O citado programa recolle fundamentalmente actividades relacionadas coa detección precoz de niños mediante avisos a través do 012 e 112 e o control e eliminación/neutralización de niños sempre que sexa posible.
A Xunta de Galicia coordinará a súa actividade de control de niños de vespa velutina coas entidades locais que se adhiran mediante a sinatura do Anexo II deste convenio, que asumirán as obrigas establecidas na disposición oitava.
Non obstante, a Xunta de Galicia coordinará a súa actividade desde a sinatura deste convenio respecto dos concellos relacionados no anexo I, sen prexuízo de que no prazo máximo de 1 mes ratifiquen a súa adhesión coa sinatura do anexo II.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Texto do convenio496.05 KB
Ficheiro Anexo II - Modelo de adhesión 25.36 KB